Recursos para facer fronte a unha situación de violencia machista.
Como vedes, este espazo, a miña web, non é unicamente un espazo profesional, neste blog gustaríame poder compartir con vos a diversidade dos meus intereses, recursos artísticos relevantes, proxectos de outras mulleres…
A través da actualización das noticias do blog identificaredes o meu compromiso social, a miña curiosidade e a miña bontade de aprendizaxe e de transformación social, da man das imaxes e da divulgación.
Sinto que calquera plataforma ou proxecto do que forme parte estará inevitablemente vinculada ao activismo feminista, e nesta primeira entrada do blog, sinto como obriga moral transmitir información que poida aportar seguridade e coidados ás mulleres que poidan aceder ao meu contido na rede.
Sendo así, adxunto unhas ilustracións divulgativas neste eido, que podedes descargar e compartir noutras plataformas, sen ánimo de lucro, con intencionalidade informativa e sempre nomeándome como creativa.
Ilustracións Recursos Feministas
Ilustración “Recursos para a muller en Santiago de Compostela”.
Ilustración “Qué facer no caso de sufrir unha agresión machista”.
Ilustración “Liñas telefónicas no caso dunha situación de violencia machista”.