María Lapido
Son María Lapido Gestal e nacín o 26 de decembro de 1988 en Ferrol, aínda que dende hai 15 anos resido en Santiago de Compostela. Pinto dende sempre; nas fotografías de cativa, de momentos que non recordo, é habitual verme con pinturas na man.

Intrigada polo mundo das imaxes, como as percibimos, procesamos e asimilamos, estudei Fotografía Artística no EASD Mestre Mateo, intereseime especialmente pola teoría da imaxe e como inflúe o noso entorno ou cultura na percepción de unha obra artística o que, de xeito automático nos leva a cuestionar a historia da arte, o concepto de beleza, a estética no deseño…
Sinto que o primeiro paso consciente para eu comezar a crear obra artística deuse cando analicei o concepto de musa e quixen, a través da serie fotográfica “Energeia” (2014), empoderar ás mulleres retratadas. Demasiadas imaxes de mulleres chegaron a mín con evidente sesgo patriarcal no momento no que eu comezaba a definirme como muller adulta, precisei de xerar, eu mesma, novas imaxes de mulleres.

Logo de fotografar numerosísimas mulleres, comecei a intervir esas mesmas fotografías, manchei, cortei e pintei, o que me levou a reinterpretar as fotografías en acuarela e traballar, xa de xeito habitual, nesta técnica. Xurdiu “Diversas” (2018), unha serie de retratos femininos en acuarela, proxecto vinculado á galería ArteNostrum de Mondariz, no que se pretendeu, partindo do uso variado da cor e a forma, xerar contraste entre o retrato feminino e a súa contorna, creando unha atmósfera onde a realidade vira poliédrica e relativa. A beleza, neste ambiente, resultou ser unha ollada poderosa e amable, de igual a igual, entre muller pintada e a que mira.

En “Todas e Ningunha” (2019) presentada en Os Catro Gatos en Santiago de Compostela, xa eu crecendo a nivel artístico vinculada ao activismo feminista, seguín traballando na imaxe de suxeito activo da muller. Na mostra seleccionáronse acuarelas de mulleres nas que a expresividade dos xestos das retratadas transmiten forza e vulnerabilidade, nunha sorte de equilibrio emocional reflexo da complexidade da identidade feminina na nosa enxuizadora sociedade.

As miñas experiencias e traballos dende entón derivaron no meu interese actual na ilustración, viculada a editorial Belagua, na arte urbana, grazas a 7h Coop, na cerámica, a través do meu traballo no taller de Beatriz Seijo, e no deseño de producto, respondendo, en primeiro lugar, a comunicarme conmigo mesma e, en segundo lugar, en responsabilizarme das miñas creacións, trasladando ao experctador ou expectadora unha imaxe forte e combativa da muller, sen rachar totalmente cos roles tradicionais, dándolle dignidade aos coidados e goce ás emocións, vontade revelada nas exposicións “Improdutivas” (2021) e “DoMiúdo” (2022).