Obradoiros

Obradoiros

Obradoiro Creatividade

Perder o medo
a "facelo mal", entrenar a mirada para ver máis alá do evidente, e fomentar a normalización da creación "imperfecta".

Obradoiro que inclúe exercicios e xogos individuais e colectivos para adquirir ferramentas creativas. Estudo dos conceptos cor e forma a través da observación en profundidade do entorno.

Esta actividade pódese adaptar a diferentes idades e número de participantes. 

As necesidades para realizala son unha aula ben iluminada e con espazo para sentar a todas as participantes, un proxector, unha toma de corrente e outra de auga.

As necesidades de material son: folios e cartulinas A3, revistas, periódicos e material de refugallo que se poida recortar. Lápices, gomas, rotuladores de punta grosa e punta fina, pegamento e tesoiras.

Obradoiro Muralismo

Desenvolver un traballo
colaborativo e capacitar no gran formato con nenas e nenos a partir de quinto de primaria.

Realizaremos un mural no colexio con pintura plástica enfocado a alumnos alumnas a partir de quinto de primaria.  Existe a posibilidade de incluir unha presentación teórica sobre a historia da arte urbana e experimentación práctica con graffiti.

O obxetivo é desenvolver un traballo colaborativo e capacitar no gran formato.

O tempo da realización do mural depende da superficie a pintar e o número de participantes na actividade, o normal é facer varias sesións. 

As necesidades de material son: brochas e rodillos, cubiletes para mezclas e limpeza do material, panos, e pintura plástica das cores acordadas no boceto previo. 

Ademáis podemos precisar materiais extra en función do que podemos manchar ou se incluimos graffiti.

Obradoiro Ilustración

Aprender a comunicar
a través da imaxe. Adentrarse na diversidade de interpretacións das palabras e das imaxes.

No obradoiro explicaremos o concepto de ilustrar un texto. Capacitaremos ás alumnas e alumnos a través de xogos individuais e dinámicas de grupo traballando o significado das palabras e como dunha lectura nos trasladamos ao mundo das imaxes. 

Traballaremos a asociación de ideas a través do azar e de xogos cas palabras clave dos textos a analizar.

Capacitaremos ás alumnas e alumnos a través de xogos individuais e dinámicas de grupo traballando o significado das palabras e como dunha lectura nos trasladamos ao mundo das imaxes.

Traballaremos a asociación de ideas a través do azar e de xogos cas palabras clave dos textos a analizar, entenderemos tamén que a nosa mirada está condicionada polo entorno.

Esta actividade pode adaptarse a diferentes idades pero está pensada para alumnas e alumnos dos últimos cursos de primaria e para toda secundaria.

As necesidades para realizala son: unha aula ben iluminada e con espazo para sentar aos participantes, un ordenador con acceso a internet, un proxector, unha toma de corrente.

As necesidades de material son, folios e cartulinas A3, revistas, periódicos e material de refugallo que se poida recortar. Lápices, gomas, acuarelas, pincéis, vasos, lápices de cores, e bolígrafos de punta fina, pegamento e tesoiras.

Obradoiro Acuarela, Tintes e Pigmentos Naturais

Xerar imaxes experimentais
e capacitar as alumnas e alumnos para facer os seus propios pigmentos.

Actividade experimental que busca falar brevemente da historia das cores e o uso de pigmentos naturais no pasado e como podemos incluílos actualmente na nosa paleta dun xeito sinxelo.

 Traballaremos nunha obra individual e nunha colectiva, coñecendo todas as posibilidades da acuarela, a tinta, materiais cotiás e pigmentos da natureza.

A actividade pódese adaptar a case calquer nivel de capacitación e idade.

 Necesitamos un espazo ben iluminado onde poder acomodar ás participantes, preto dunha toma de auga. 

As necesidades de material son: unha licuadora (polo tanto necesitaremos acceso a toma de corrente) filtros de café, e panos, folios e papel de alto gramaxe, lápices, gomas, acuarelas, pincéis, vasos, lápices de cores, bolígrafos de punta fina e papel de cocina absorbente.

Obradoiro Mulleres Artistas

Dar o seu
lugar ás mulleres na historia da arte e facilitar o acceso a referentes femininos ás participantes. Experimentar a través dos ollos destas mulleres.

Realizaremos unha revisión con perspectiva de xénero sobre a historia da arte, presentaremos unha selección de mulleres creativas e faremos dinámicas de grupo tomando como referencia os seus estilos, o movimiento artístico do que foron protagonistas e analizaremos as súas maneiras de interpretar a realidade.

Experimentar a través dos ollos destas mulleres.

Esta actividade pode adaptarse a diferentes idades pero está pensada para alumnas e alumnos dos últimos cursos de primaria e para toda secundaria.

 

As necesidades para realizala son: unha aula ben iluminada e con espazo para sentar aos participantes, un ordenador con acceso a internet, un proxector, unha toma de corrente e outra de auga. 

As necesidades de material son: folios e cartulinas A3, revistas, periódicos e material de refugallo que se poida recortar. Lápices, gomas, acuarelas, pincéis, vasos, lápices de cores, e bolígrafos de punta fina, pegamento e tesoiras.

 

Obradoiro Multitécnica para Adultxs

A aula de
multitécnica está pensada para xente curiosa que queira traballar a súa creatividade para completar as súas ferramentas de creación ou como espazo de experimentación artística.

 

O laboratorio creativo para adultxs é un espazo de creación artística multitécnica no que explorar os camiños da creatividade xerando obras con diferentes técnicas artísticas, deixando de lado o debuxo academicista para experimentar e crear dende preceptos comtemporáneos vinculados ás imaxes fotográficas, o deseño e a ilustración.

A estructura do laboratorio creativo responderá a un curso escolar trimestral no que traballaremos simples preceptos teóricos a través da exploración dunha técnica ou dunha artista.

Xogaremos ca composición das imaxes e a asociación de ideas, analizaremos a utilización da cor, afondaremos na abstracción…

Faremos ilustración, estampación textil, collage, cianotipia e fabricaremos as nosas propias ferramentas de estimulación da creatividade.

Sede todas benvidas a este primeiro laboratorio creativo, é o momento de profundizar no xogo.

Matrícula aberta para o curso anual 2023/24.

 

Contácta comigo se queres máis información

Abrir chat
1
💬 ¿Necesitas axuda?
Hola 👋