ArtículoLiberdade de expresión fronte a responsabilidade de expresión.

Liberdade de expresión fronte a responsabilidade de expresión.

O concepto de responsabilidade de expresión da man de Yolanda Domínguez.

 

Hai uns anos acudín a unha xornada feminista na que participaba Yolanda Domínguez, pareceume unha gran comunicadora e a súa charla tiña unha clara estructura e un contido moi interesante.

 

Yolanda Domínguez é unha activista e artista madrileña que fai crítica social a través do consumo e os estudos de xénero; analiza como impacta a nivel social a perpetuación de estereotipos na publicidade e é consultora en empresas comprometidas con rachar con estas dinámicas nos seus anuncios.

 

Na presentación de Yolanda Domínguez á que asistín relatounos que o cerebro humano ten maior facilidade para reter información a través de imaxes fronte a información recibida a través de calquera outra canle; isto preséntanos unha realidade na que o aprendizaxe das crianzas baséase nun amplo porcentaxe no visual, e conclúese que, como sociedade, imos afastándonos de xerar cultura a través do lido ou o escoitado, e imos absorvendo imaxes cheas de tópicos que xeran cultura.

 

Viculado a isto, Yolanda Domínguez introduciu nese coloquio o concepto de responsabilidade de expresión.

Gústame pensar que a sociedade evoluciona, que mudamos cos tempos e que cando somos conscientes da influencia que podemos ter no noso entorno, adquirimos resposabilidade e vémonos na obriga, non so, no cumprimento de normas básicas de convivencia, se non que tamén debemos responsabilizarnos por xerar contido, imaxes, opinión e cultura.

 

De primeiras, parece que para garantir o benestar social é necesario cumplir, por exemplo, as normas viales, pero será igual de útil non perpetuar estereotipos e encorsamentos que dañen a convivencia e a igualdade?

Entendo que en moitas de nós o cuestionamento é esgotador e continuo, e debemos coidarnos da autoesixencia, pero existen momentos no que facerse esta cuestión conforma unha diferencia sustancial na consecución dunha idea ou proxecto.

 

No 2022 encargouseme un proxecto de ilustración do conto infantil “O Xardín das Sete Portas” de Concha Castroviejo. Castroviejo é unha das máis relevantes escritoras-olvidadas do noso estado, foi unha muller adiantada ao seu tempo, foi valerosa e botada para adiante, a súa vida, e a da súa parella, viuse atravesada polo exilio, pero foi quen de escribir un dos libros máis relevantes da literatura española “Los que se fueron” (1957).

 

“O Xardín das Sete Portas” chega a mín e sorpréndeme, sobretodo pola capacidade de Castroviejo de tratar as inxustizas sociais cunha profundidade poucas veces conseguida na literatura infantíl-xuvenil; aínda así é un escrito do seu tempo, en dous momentos fun quen de identificar a inevitable misoxinia e o esperado racismo.

Ilustracións “Kalatan”, “A Texedora de soños” e “Matías o babiolo”

 Foi así que, dada a necesidade de crear imaxes que acompañaran estes textos, decidín entender o libro como unha lectura acompañada, traballei baixo o universal da súa escrita e intentei buscar un discurso anticolonial e unha estética antiracista e feminista que fixera do acompañamento das imaxes unha nova narrativa. 

Se, nalgún momento vos facedes co libro, podedes ver que o estilo non responde a unha estética xeralizada en España ou Europa, a pel das persoas representadas sempre é oscura, os nenos exprésanse dende a sensibilidade, as mulleres e nenas pintadas teñen unha mirada directa e forte hacia o lector/a; mesmo atopei na illa das mulleres fracasadas unha excusa para expresar a ledicia de habitar esa illa.

 

Ilustración “Unha Serea” e “O Saluario”

 Ao entregar o traballo pregunteime: estou perpetuando un xeito de expresión xeralizado e dañino na socidade ao facer este traballo? A resposta non é clara, nunca pode ser contundente, pero o que sí non deixa lugar a dúvidas é que o proxecto se construiu dende a reflexión e a responsabilidade, e penso que todas as creadoras de imaxes debemos transitar este camiño.

Abrir chat
1
💬 ¿Necesitas axuda?
Hola 👋