WorkshopTaller multitécnica, laboratorio creativo para adultas

Taller multitécnica, laboratorio creativo para adultas

Este ano impartirei o “Taller Multitécnica” no estudio da artista Beatriz Seijo co obxetivo de crear un laboratorio creativo para adultas.

Será un espazo no que explorar os camiños da creatividade xerando obras con diferentes técnicas artísticas, deixando de lado o debuxo academicista para experimentar e crear dende preceptos contemporáneos vinculados ás imaxes fotográficas, o deseño e a ilustración.

A aula de multitécnica está pensada para curiosos que queiran traballar a súa creatividade tanto para completar as súas ferramentas de creación ou simplemente como espazo no que disfrutar do placer da experimentación artística.

A estructura do laboratorio creativo responderá a un curso escolar trimestral no que traballaremos simples preceptos teóricos a través das imaxes e a asociación de ideas, analizaremos a utilización da cor, afondaremos na abstracción…

Faremos ilustración, estampación textil, collage, cianotipia e fabricaremos as nosas propias ferramentas de estimulación da creatividade.

Sede todas benvidas a este primeiro laboratorio creativo, é o momento de profundizar no xogo.

Horarios dispoñibles

Beatriz Seijo Studio

Martes

19:35 - 21:15

Mércores

11:00 - 12:40

Matrícula aberta para o curso anual 2023/24 

Abrir chat
1
💬 ¿Necesitas axuda?
Hola 👋